Capitalismo
De Liberpedia
« O capitalismo é un sistema social baseado no recoñecemento dos dereitos individuais, incluídos os dereitos de propiedade, no que toda propiedade é privada.
O recoñecemento dos dereitos individuais leva á prohibición da forza física nas relacións humanas: basicamente, os dereitos só poden ser violados co uso da forza. Nunha sociedade capitalista, ningún home ou grupo pode iniciar o uso da forza física contra outro. Nesta sociedade, a única función do goberno é protexer os dereitos do home, é dicir, protexelo da forza física; o goberno actúa como un axente do dereito do home á autodefensa e só pode usar a forza como represalia e contra calquera que inicie o seu uso.
- — Ayn Rand